EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA celebra o Venres Negro no comercio do Barco e da Rúa

Un total de 34 establecementos destes dous municipios valdeorreses ofrecerán o 25 de novembro descontos dun mínimo dun 20%
Cartaz da campaña.
Cartaz da campaña.

Buscando promocionar as vendas dos artigos de tempada de inverno e tamén incentivar ao consumidor a adiantar as compras do Nadal, dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), en colaboración co Barco CCA, organizarase, por segundo ano consecutivo, o Venres Negro. Terá lugar o 25 de novembro participarán un total de 34 comercios, dos que 26 están no Barco e 8 na Rúa. Neles ofreceranse descontos dun mínimo dun 20%.

Cada un deses establecementos estará identificado co cartaz promocional desta campaña e neles o horario comercial prolongarase durante ese día ata as dez da noite.

Os locais participantes neste Venres Negro pertencen a moi diferentes sectores: complementos, zapatería, decoración e agallos, perfumería, electrodomésticos, mercería, artesanía, deportes, etc.

Cartaz cos establecementos participantes na campaña.
Cartaz cos establecementos participantes na campaña.

Artigos relacionados

Back to top button