EconomíaÚltima hora

Aeva organiza no Barco un seminario para emprendedores

Na cita expoñíanse as principais novidades da Lei 14/2013 que afectan tanto aos emprendedores como ás empresas xa existentes
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A Lei 14/2013 de apoio aos emprendedores implica unha serie de cambios destacados en cuestións relativas á posta en marcha de novos negocios, pero tamén en temas que afectan ao funcionamento e custes das empresas. Para analizalos AEVA organizaba na tarde do 7 de novembro un seminario baixo o título “Lei de apoio aos emprendedores: as súas claves e principais novidades”.

Desenvolveuse no centro de formación desta asociación no Barco e nel participaron catro expertos do despacho Garrigues. No decurso da xornada abordáronse catro puntos principais: novidades en materia de Dereito do Traballo e de Seguridade Social, modificacións no ámbito concursal-mercantil, principais aspectos fiscais, instrumentos de apoio á internacionalización e novidades xurídico-administrativas.

Os ponentes foron catro expertos do prestixioso despacho Garrigues: Marcos Piñeiro Sanromán, asociado do despacho de Vigo no ámbito tributario e societario; Paula Aretio Antón, asociada do área Laboral; Natalia Gómez Justo, asociada do área Mercantil e Bruno Pérez Conde, asociado da área Administrativa.

Texto: O Sil/Redacción Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button