EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA organiza unha xornada sobre a responsabilidade penal das persoas xurídicas

Celebrarase o 1 de xuño nás 20h. no centro de formación desta entidade empresarial no Barco
Asistentes a unha xornada realizada no Centro de Formación de AEVA no Barco.
Asistentes a unha xornada realizada no Centro de Formación de AEVA no Barco.

O vindeiro 1 de xaneiro no Centro de Formación da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) desenvolverase unha xornada sobre “A responsabilidade penal das persoas xurídicas. Marco normativo e novidades”. Comezará ás 20h. e será impartida por María Jamardo Carballo, licenciada en Dereito e consultora legal.

O programa incluirá dous apartados principais. Por unha banda abordarase o aspecto xurídico, facendo unha análise e comentando a evolución normativa desta cuestión. E, finalmente, a intervención centrarase no aspecto técnico “Corporate defense” (incorporación do mesmo nun plan de xestión integral de riscos, requisitos, obxectivos, plan de traballo e exemplos prácticos).

As persoas interesadas en asistir poderán realizar a súa inscrición en aeva@empresariosdevaldeorras.com.

Artigos relacionados

Back to top button