Afaor asina un convenio para a axuda a familias con enfermos de Alzheimer

Este proxecto beneficiará a un total de 120 persoas de xeito directo e outros 600 beneficiarios serán indirectos

Farancisco Javie Sánchez e Mariló Nogueira.

O venres, 14 de xullo, Afaor e Ibercaja asinaron un convenio para o apoio do proxecto de “atención Social a Familias Afectadas pola enfermidade do Alzheimer na Provincia de Ourense”.

Este convenio, explicaron, forma parte da duodécima convocatoria de axudas que a Fundación Ibercaja convoca a nivel nacional, á que se presentaron 456 iniciativas de todas as comunidades e das que se seleccionaron 355 proxectos.

O obxecto desta convocatoria es respaldar iniciativas destinadas a fomentar o emprego e mellorar a calidade de vida das persoas en risco de exclusión social, situación de dependencia social, física ou psíquica.

O acordo asinouse na oficina de ibercaja por Francisco Javier Sánchez, director da oficina de ibercaja en Ourense e pola presidenta Mariló Neira.

Este proxecto ten 120 beneficiarios directos e outros 600 indirectos.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies