OurenseÚltima hora

Afaor estreita colaboración con Ibercaja para dar servizo a 40 beneficiarios

Asina un convenio para recibir apoio económico ao proxecto de axudas técnicas para enfermos de Alzheimer encamados
Blanco e Sánchez, tras a firma do convenio de colaboración.
Blanco e Sánchez, tras a firma do convenio de colaboración.

A Asociación de Familias de enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor) asinaba na mañá do 5 de outubro un convenio coa Obra Social Ibercaja para recibir apoio económico ao proxecto “Axudas técnicas para enfermos de Alzheimer encamados”, que permitirá ampliar o servizo a 40 beneficiarios máis. O acordo foi suscrito por María de los Ángeles Blanco, presidenta de Afaor, e Francisco Javier Sánchez, como representante de Ibercaja de Ourense.

O proxecto vén a dar continuidade ao servizo de aluguer co que Afaor promove a reutilización do material cedido e a creación dunha rede de doazón/cesión altruista de material ortoprotésico, xunto co asesoramento no coidado do enfermo en fase de encamamento.

Artigos relacionados

Back to top button