OurenseÚltima hora

Aforo case completo para escoitar ao pianista Paul Lewis no Principal

Máis de 250 persoas asisten ao penúltimo concerto do Ciclo de Música de Cámara, que baixará o telón o 20 de xuño
Un momento da actuación musical, esta tarde, no Teatro de Ourense.
Un momento da actuación musical, esta tarde, no Teatro de Ourense.

Entre 250 e 300 persoas se deron cita na tarde do 5 de maio no Teatro Principal de Ourense para escoitar as virtuosas mans do pianista inglés Paul Lewis. A súa foi a penúltima actuación musical dentro da terceira edición do Ciclo de Música de Cámara “Enclave de Cámara”, que todos os anos pon en marcha a Concellería de Cultura. O programa de música clásica baixará o telón o 20 de xuño.

Máis de 250 persoas secundaron o penúltimo concerto do "Enclave de Cámara".
Máis de 250 persoas secundaron o penúltimo concerto do “Enclave de Cámara”.

Lewis está considerado coma un dos pianistas máis recoñecidos internacionalmente que atesoura recoñecementos coma o Premio ao Instrumentista do Ano da Royal Philarmonic Society. Deste xeito, facendo gala do seu talento, arrincou o aplauso do público despois de interpretar obras de grandes clásicos coma Johannes Brahms, Franz Schubert ou Franz Liszt.

A última cita do “Enclave de Cámara” para os amantes deste tipo de música está programada para o 20 de xuño. O Teatro Principal acollerá un concerto do Cuarteto Lyskamm, un cuarteto de corda procedente de Italia. A violinista Cecilia Ziano e Clara Franziska Scötensack, xunto coa viola Francesca Piccioni e o violonchelista Giorgo Casati serán os encargados de pechar esta programación.

Artigos relacionados

Back to top button