EconomíaEconomíaÚltima hora

Agrobiotech concentra na Tecnópole a un total de 200 empresas en dúas xornadas

Un total de 200 empresas dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa déronse cita neste encontro ao que acudiu tamén o conselleiro de Economía, Francisco Conde
Inauguración de Agrobiotech.

O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), ubicado la localidade de San Cibrao das Viñas, acolleu hoxe, 26 de outubro, o II Encontro Agrobiotech Innovación que se celebra ata mañá.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, acudiu a esta primeira xornada na que destacou que as empresas que participan en Agrobiotech “axudan a contar cunha Galicia innovadora e competitiva”.

O conselleiro sinalou a importancia desta aceleradora “por ser un programa específico para empresas xa constituídas que desenvolven a súa actividade en tres sectores que Galicia está a impulsar co obxectivo de abrir novos camiños e oportunidades á vez que se apoian os recursos naturais para ofrecer un produto de calidade e innovador que diferencie a Marca Galicia”. Trátase dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa.

Conde explicou que Agrobiotech apoia pemes destes ámbitos co obxectivo de que medren, se internacionalicen, innoven, creen emprego e riqueza e, así, Galicia poida contar cun tecido empresarial máis forte e competitivo.

Francisco Conde cun dos expositores nesta cita.

Durante estas dúas xornadas, máis de 200 empresas destes sectores daranse cita neste congreso multisectorial para captar novos clientes, establecer contactos e identificar e coñecer socios comerciais, industriais e financeiros. Francisco Conde asegurou que esta é unha boa ocasión “para xerar oportunidades de negocio grazas ao espazo networking que o encontro ofrece”. Ademais, haberá relatorios para que os asistentes poidan coñcer tendencias de interese.

En concreto, os asistentes terán a ocasión de coñecer e experimentar os produtos e servizos innovadores de 27 empresas. Participan algunhas das compañías que forman parte do proceso de aceleración de Agrobiotech con produtos como o chourizo de cabaza, a cervexa de sabugueiro, os untables e cremas de vexetais e froitas, pellets optimizados e ferramentas innovadoras de diagnóstico clínico, ademais doutras empresas galegas que comercializan cosméticos ecolóxicos fabricados con algas, licores elaborados con estrugas ou biofertilizantes. Durante estes días, ademais haberá 134 reunión bilaterias e roldas rápidas de presentación das empresas de Agrobiotech e de varios proxectos galegos dos tres sectores de referencia financiados polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

Artigos relacionados

Back to top button