CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Alberto Álvarez expón na aula taller de arte Bea Romarty do Barco

A mostra “El estado flexivo” poderá visitarse ata o 8 de xullo

Ordear as súas intencións reflexivas e experimentais é a función da arte que na actualizade desenvolve o artista Roberto Álvarez da Rúa. E para iso busca o equilibrio entre razón e equilibrio, dous polos que o levan a indentificarse con correntes artísticas como o pop art e o outsider art, emocionalmente, e coa arte conceptual, racionalmente.

Unha mostra da súa obra “Where intelligent art goes” 2016 na que reflexiona sobre a capacidade lingüística do soporte artístico, atopámola na aula taller de arte Bea Romarty do Barco de Valdeorras. Alí inauguraba na tarde do 26 de maio a exposición “El estado flexible” unha tea de lenzo da que xurde unha instalación e por onde desfilan creacións artísticas de múltiples influenzas.

Para Roberto Álvarez a arte é un método para expandir o coñecemento, pero tamén “unha experiencia de transformación” para o que precisa a flexibilidade de ideas plásticas adecuándose ao pensamento e a análise, e viceversa.

A exposición instalación poderá visitarse ata o 8 de xullo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button