En portadaÚltima hora

Alerta vermella na montaña ourensá por forte vento

Recoméndase extremar as precaucións xa que a partires das seis da tarde espéranse rachas que poden acadar os 140 km por hora nestas zonas da provincia
Mapa das zonas con alerta vermella./ Fonte: Aemet.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 18 horas de hoxe elévase o nivel de alerta a vermello por forte vento e choiva na montaña de Ourense e na montaña de Lugo, con rachas de vento do oeste e suroeste que poden acadar os 140 km/h.

Dende a Xunta de Galicia recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección, entre elas, vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Espérase que este episodio meteorolóxico adverso remita na madrugada do luns.

Máis información:
http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=hoy&k=gal

Artigos relacionados

Back to top button