ConcellosÚltima hora

Alfredo García promove dende a Fegamp o programa de vivendas baleiras

O tamén alcalde do Barco acorda coa Xunta impulsar a adhesión dos concellos a este plan para crear alugueres sociais
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou esta mañá un convenio co presidente da Fegam e alcalde do Barco, Alfredo García.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou esta mañá un convenio co presidente da Fegamp e alcalde do Barco, Alfredo García.

O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, en calidade de presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), asinou esta mañá, 3 de maio, un convenio coa Xunta co obxectivo de impulsar a adhesión dos concellos ao programa de vivendas baleiras. A través da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, administración e federación fixeron un chamamento para que as corporacións locais aposten por destinar este tipo de casas a alugueres sociais.

Segundo se explicou dende o goberno autonómico, estas vivendas adxudicaranse a persoas vulnerables de xeito compatible con outras axudas públicas. Para acadar isto, os municipios interesados deben dirixirse á Xunta para solicitar a súa adhesión ao programa e mobilizar vivendas baleiras que estarán dobremente aseguradas para axudar a persoas en risco.

Artigos relacionados

Back to top button