EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Alianza entre o Ribeiro e Instituto Galego do Viño

Ambas entidades asinaban un convenio de colaboración o 4 de novembro
Sinatura do convenio entre a D.O. Ribeiro e o Instituto Galego do Viño.
Sinatura do convenio entre a D.O. Ribeiro e o Instituto Galego do Viño.

A Denominación de Orixe Ribeiro e o Instituto Galego do Viño aúnan esforzos. Ambas entidades asinaban o 4 de novembro na sede do consello regulador un convenio de colaboración para os cursos académicos 2014-15 e 2015-16. Na rúbrica estaban presentes Xoán Torre Cannas, director do INGAVI, e Miguel Ángel Viso Diéguez, presidente do C.R.D.O. Ribeiro.

Esta colaboración enténdese como “unha aposta estratéxica para ambas entidades, que están convencidas de que esta firma aportará novos espazos de colaboración adicionais a os recollidos no acordo e igualmente frutíferos para as partes”, segundo o Ribeiro.

Así neste marco desenvolveranse proxectos conxuntos como son, entre outros, “a cátedra do Ribeiro”, o compartimento de recursos aportarán valor aos contidos dos cursos do INGAVI e a maior especialización dos alumnos no prestixioso Máster de Sommeliers, abocado a converterse nun referente nacional na formación profesional do viño.

Artigos relacionados

Back to top button