CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos do CCEE Reyes Católicos de Bogotá (Colombia) visitan Viana

O centro da Embaixada de España en Colombia e o IES Carlos Casares participan nun programa internacional de mediación

O IES Carlos Casares de Viana do Bolo e o Centro Cultural e Educativo Español (CCEE) Reyes Católicos da Embaixada de España en Colombia están únidos pola mediación como ferramenta de paz. De feito son xa varias as actividades nas que teñen participado alumnos e profesores de ámbolos dous centros, separados xeograficamente por miles de quilómetros e un océano.

A máis recente destas iniciativas, é a visita que un grupo de 25 alumnos de 1º de Bacharelato e catro profesores do CCEE Reyes Católicos de Bogotá (entre eles o rector, Luis Fernández, de orixe galego e profesor durante moito tempo no instituto de Viana do Bolo) están realizando por España. “A maioría dos lugares que visitan son cidades pero tamén quixemos que coñeceran a España rural e o por iso trouxémolos a Viana e Quiroga”, explica o rector do centro educativo en Colombia.

Así, no mediodía do martes 19 de xullo, o grupo era recibido no Salón de Plenos do Concello por parte da corporación municipal de Viana do Bolo, onde a concelleira de Educación e profesora do IES Carlos Casares implicada no proxecto de mediación, Susana Fernández, fixo de anfitriona xunto ao alcalde, o nacionalista Secundino Fernández.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button