Galerías de fotosÚltima hora

Alumnos do CEIP Otero Pedrayo visitan o Concello do Barco de Valdeorras

Na mañá do 24 de abril, o alcalde do Barco, Alfredo García, recibía unha visita moi especial: a dos alumnos de segundo de Primaria do CEIP Otero Pedrayo de Viloira que asistían xunto a dúas profesoras.

Primeiro, coma se dun grupo de concelleiros se tratara, acompañaron ao rexedor ata o Salón de Plenos e de seguido achegábanse ata o Edificio Multiusos onde se encontran as oficinas administrativas municipais, facendo un percorrido polas diferentes instalacións, incluída a alcaldía.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button