CulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do IES Martaguisela viaxarán ata Navarra

Do 5 ao 11 de outubro participarán nunha actividade de inmersión ligüística en inglés
Entrada do Instituto Martaguisela, no Barco. Foto/ Mónica G. Bellver
Entrada do Instituto Martaguisela, no Barco. Foto/ Mónica G. Bellver

10 alumnos e 10 alumnas de 2º ESO do Instituto Martaguisela de O Barco de Valdeoras, acompañados polas profesoras de inglés Elva Delgado e Milagros Lago, participarán do 5 ao 11 de outubro nunha actividade de inmersión en lingua inglesa no albergue de Lekaroz (Baztán), na Comunidade Foral de Navarra.

Tal como explican dende o centro barquense, o alumnado convivirá, en réximen de internado, cun total de 25 alumnos do coelxio San José-Niño Jesús de Reinosa en Cantabria. Nese entorno e sobre o eixe temático “The world around us speaks English”, realizarán actividades referentes ao desenvolvemento sostible, a reducir, reutilizar e reciclar, ás enerxías renovables, ao entorno natural e cultural, e tamén á diversidade cultural.

Esta actividade, convocada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, foi solicitada polo IES Martaguisela despois “da elaboración dun proxecto, no mes de xuño, polo departamento de Inglés” e está enmarcado dentro dun programa que pretende estimular a práctica do inglés en contextos comunicativos máis amplos e promover a convivencia entre alumnado de distintas comunidades autónomas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button