EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Alumnos do IES Carlos Oroza de Pontevedra, na D.O. Monterrei

Nesta visita coñecían a historia desta zona vitivinícola, a súa tradición, viños e procesos de elaboración
O director técnico da D.O. Monterrei, ofrecendo explicacións aos alumnos desta escola de Pontevedra, na sede do consello regulador./ Foto: CRDO Monterrei.
O director técnico da D.O. Monterrei, ofrecendo explicacións aos alumnos desta escola de Pontevedra, na sede do consello regulador./ Foto: CRDO Monterrei.

Un grupo de vinte alumnos e profesores da escola de hostalaría do IES Carlos Oroza de Pontevedra visitaban na mañá do 15 de abril o territorio da denominación de orixe Monterrei. Ademais de coñecer a historia e tradición vitivinícola desta zona do sur da provincia de Ourense, tamén se achegaban aos seu viños, así como ás orixes desta bebida en Galicia cunha ruta polos antigos lagares que aínda se conservan en Verín e Oímbra.

O grupo de alumnos e profesores do IES Carlos Oroza de Pontevedra, na sede da D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Monterrei.
O grupo de alumnos e profesores do IES Carlos Oroza de Pontevedra, na sede da D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Monterrei.

O programa incluía asemade unha visita a unha adega da D.O. Monterrei, desta volta, Crego e Monaguillo S.L., onde puideron ver in situ o proceso de elaboración do viño: dende que a uva entra na adega, tras a vendima, ata que se embotella.

Asemade coñeceron as instalacións do CRDO Monterrei, en Verín, onde o seu director técnico, Luis Miguel López, explicáballes as peculiaridades do territorio e dos viños de Monterrei. “Trátase da primeira acción formativa para escolas de hostalaría que realizará o C.R.D.O. Monterrei ao longo deste ano, xa que no vindeiro mes de maio, a denominación recibirá tamén a un grupo de estudantes e profesores/as do IES Vilamarín”, segundo se adianta dende este consello.

Artigos relacionados

Back to top button