PolíticaÚltima hora

Álvaro Vila, candidato socialista á alcaldía de Taboadela

A súa campaña estará centrada en frear e invertir a perda de poboación que “sufre este concello”

 

Álvaro Vila será o cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Taboadela.
Álvaro Vila será o cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Taboadela.

O actual portavoz socialista no concello e deputado provincial Álvaro Vila Araújo será o cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Taboadela nas vindeiras eleccións municipais. O seu nome resultaba elixido por unanimidade na asemblea que vén de celebrar a agrupación socialista desta localidade.

A campaña socialista de cara estes comicios locais centrarase, segundo adianta, en “frear e invertir a gran perda de poboación que sufre o concello”. Tamén destacan dende esta agrupación socialista que “non é de recibo que un concello practicamente limítrofe con Ourense no teña un transporte público que permita unha mobilidad mínima para os seus veciños”.

Asemade consideran que “en materia urbanística temos que ser dinámicos e non meros observadores e que será o propio concello o que propicie as condicións necesarias para un crecemento do mesmo”.

Artigos relacionados

Back to top button