Amigable entre os veteranos do C.D. Rúa e do Bragança en terras lusas

Co 5-4 no marcador remataba o partido disputado na tarde do 17 de xuño en Portugal

Unha semana despois de levantar no campo do Aguillón a flamante Copa, os veteranos do C.D. Rúa desprazábanse ata terras portuguesas para disputar o primeiro dos dous partidos amigables que cada ano xogan cos veteranos do Brangança. Un partido que tiña lugar na tarde do 17 de xuño.

Tal como esplican dende a fila ruesa, os portugueses dominaron con rotundidade a primeira metade mantendo a vantaxe de 2 goles a 0 ata o descanso. “A maioría son xogadores que militaron na primeira división portuguesa”, asegura David Pérez, e iso nótase. Con todo, na segunda parte o Rúa lograba estabilizarse chegando a empatar, ata que de novo o Bragança volvía adiantarse. “No minuto 80 démoslle de novo a volta ao marcador empatando a 4 goles pero na úlitma xornada, nun córner, ganaron o partido”, explica o dianteiro rues.

Con goles de David Pérez, Marcos Yáñez, Fito e Hugo, o mellor xogador do encontro foi o porteiro, Carballal, que “fixo un partidazo”, di David, aínda que neste tipo de encontros o resultado é o de menos, destacando a deportividade entre ámbolos dous equipos e a relación que ao longo dos anos conseguiron forxar, rematando a xornada cunha cea de confraternidade. “Os nosos equipos son xa como unha familia e agradecémoslle o trato recibido esperando a súa visita para o partido na Rúa, que será en setembro ou outubro”, conclúe David.

Fotos cedidas.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies