OurenseÚltima hora

Amigos da Terra e o Cineclube Padre Feijóo proxectan cine de mobilidade

Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, traen á Biblioteca Pública de Ourense mañá, 20 de setembro, o filme “Tour de Force”, onde a bicicleta é a protagonista
Cartel do filme.

 

O Cineclube Padre Feijóo e a Asociación Amigos da Terra organizan para mañá, 20 de setembro, a proxección do filme alemán “Tour de force” (2014), de Christian Zübert.

Dita proxección está englobada dentro da Semana Europea da Mobilidade xa que trata dunha parella, Hannes e Kiki, que cada ano fan unha viaxe en bicicleta cos seus amigos e, este ano, tócalles a eles elixir o destino, que será Bélxica. O problema vén cando Hannes lles comunica que sofre unha grave enfermidade que non ten cura e que esta viaxe será a última que faga.

Sabendo todo isto, o grupo segue o seu camiño a pesares de que nada será igual despois destas vacacións, e por iso celebrarán a vida como nunca o fixeran.

Está previsto que a proxección sexa na Biblioteca Pública de Ourense, na rúa Concello, ás 20:30 horas. A entrada será totalmente de balde.

 

Artigos relacionados

Back to top button