SanidadeÚltima hora

Amplíase a carteira de servizos de Uroloxía no HCV

O servizo de Uroloxía está a funcionar de forma integrada na provincia dende o pasado mes de xullo
Presentación do novo servizo de área de Uroloxía no HCV./ Foto: Carlos G. Hervella.
Presentación do novo servizo de área de Uroloxía no HCV./ Foto: Carlos G. Hervella.

Consultas de alta resolución ou acto único, estudos urodinámicos, patoloxía pélvica complexa e acceso a vías rápidas. A oferta asistencial de Uroloxía vén de incrementarse no Hospital Comarcal Valdeorras (HCV). Algo posible grazas a que dende o mes de xullo nesta especialidade trabállase de forma integrada na provincia, cun sistema estandarizado. “Isto permite que por primeira vez haxa neste hospital unha actividade continuada en Uroloxía e dunha forma sistemática”. Así o sinalaba na presentación realizada na mañá do 22 de setembro no centro valdeorrés o doutor Dionisio López Bellido, xefe do novo servizo de Uroloxía de área, do que forman parte once especialistas.

Así o HCV conta agora cun equipo de dous urólogos, integrado nun servizo de ámbito provincial, o que fai posible valorar o conxunto da actividade asistencial de uroloxía “como un todo, con obxectivos únicos e regulada mediante vías clínicas, guías ou protocolos de práctica clínica comúns, e priorizando a atención dos pacientes no seu centro máis próximo”, explicaba o doutor López Bellido.

A xerente executiva de Valdeorras e o doutor López Bellido, cunha das especialistas do servizo de Uroloxía./ Foto: Carlos G. Hervella.
A xerente executiva de Valdeorras e o doutor López Bellido, cunha das especialistas do servizo de Uroloxía./ Foto: Carlos G. Hervella.

“Deste xeito todos os pacientes da área de xestión integrada provincial serán tratados e atendidos da mesma maneira, sexan da cidade de Ourense ou sexan de Valdeorras”, destacaba a xerente executiva de Valdoerras, Guillermina Agulla. Así, con este novo sistema de traballo, dende o HCV asumirase a maior parte de actividade do servizo, pero terase como referente ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) nos casos de hospitalización de pacientes complexos e de ingresos prolongados, en intervencións de maior nivel de complexidade e con posibles complicacións e en urxencias de alto risco.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button