ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Andaina de Valdeorras contra a violencia de xénero, en fotos

Dende tres puntos distintos da comarca saían ás dez da mañá os participantes da andaina contra a violencia de xénero que se celebraba na mañá do 25 de novembro na comarca de Valdeorras. Unhas 200 persoas, vestindo as camisetas da campaña “Valdeorras en negro” facíano dende a praza do Concello do Barco e outras preto de 70 dende A Rúa, aos que logo se unían outros 30 dende Petín.

En torno ao mediodía os camiñantes chegaba á zona do Bañadoiro en Vilamartín, onde se daba lectura a un manifesto con motivo do Día Internacional contra a Violencia de xénero” e, despois soaba a música. O acto concluía cun magosto con numerosos petiscos, viño e castañas, nas proximidades do pavillón vilamartinés.

Os participantes nesta ruta, incluída dentro do programa “Valdeorras en negro”, podían regresar aos seus puntos de orixe en autobús.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás a primeira da galería que é cedida.

Fotos dos actos en Trives:
https://osil.info/trives-manifestase-pola-igualdade-violencia-de-xenero/

Artigos relacionados

Back to top button