ConcellosDeportesÚltima hora

Andaina solidaria o 17 de decembro por terras trivesas

Será promovida polo Club Montaña Trives e será en beneficio do neno Álex Guntín que pacede unha parálese cerebral
Detalle do cartaz da andaina.
Detalle do cartaz da andaina.

Cun fin benéfico celebrarase a vindeira actividade do Club Montaña Trives. Trátase dunha andaina prevista para a mañá do 17 de decembro. Será a beneficio de Álex Guntín, un rapaz vigués con parálise cerebral. Esta andaina terá carácter circular e partirá ás 9:30h. da praza do Reloxo de Trives.

A partir de aí o percorrido seguirá pola zona de Cabalar, Mendoia e de volta á vila. O traxecto non presenta dificultades e cubre unha distancia de 8,5 km. As inscricións custarán 5 euros que serán doados integrante a Ayúdanos a caminar a favor de Álex Guntín.

As persoas interesadas en participar poden anotarse na Oficina de Turismo ou en club.montana.trives@gmail.com. Tamén poderán facelo na propia saída o día 17 de decembro. “Disporase de dorsais solidarios para aqueles que queiran colaborar pero non podan participar”, din dende o club.

Unha vez finalizada a andaina, a organización ofrecerá unha gran chocolatada e un sorteo de agasallos, entre todos aqueles que teñan dorsal, na praza do Reloxo.

Artigos relacionados

Back to top button