Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Anova-Ourense presenta a súa candidatura na cidade

Está liderada por Aurelio “Lito” Prado e reúne a un grupo de xente “valente e do común”
Candidatura coa que Anova-Irmandade Nacionalista concurrirá ás eleccións en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Candidatura coa que Anova-Irmandade Nacionalista concurrirá ás eleccións en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

A listaxe coa que Anova-Irmandade Nacionalista concurirrá ás vindeiras eleccións municipais en Ourense presentábase no mediodía do 20 de abril no Parque de San Lázaro. Trátase dunha “candidatura moi plural, diversa e representativa dos barrios da cidade de Ourense, con persoas das clases populares agredidas” e de diferentes idades, segundo aseguran dende esta formación política. É asemade unha candidatura “nova e formada nomeadamente por xente nova e con ilusión por mudar o seu futuro e o da súa xente”.

O acto comezaba coa intervención de Daniel Conde, voceiro de Anova-Ourense, explicando as razóns que motivaron que este partido formase unha listaxe propia na cidade. De seguido tomaba a palabra Tania Bouzo, número dous desta candidatura encabezada por Aurelio “Lito” Prado Rodríguez. Incidía en que a listaxe está formada por “xente valente e do común”. A partir do número tres figuran, respectivamente: Daniel Conde Ojea, Millán Brea Castro, Adelina Rodríguez González, María del Sol Pérez Ogando, Carlos Vázquez Castro, María Eva Gutiérrez Fernández, Ramón Coira Luaces, Lorena Blanco Albarado, Alexo Fernández Rodríguez, Carolina Castro Bahamonde, Francisco Bienvenido Román Costa, Rosa Fernández Muñoz, Alfonso Diz Diéguez, Jose Bouzo Prol, María José Conde Seguín, Pablo Manzano Iglesias, Margarida Costas Román, Andrés Xesús Fernández Rodríguez, Eva González Gómez, Juan Fernando Honra Andrade, Cristina Barca Arias, Daniel Cuesta González, Jorge Melero De La Calle, Sabela Bóveda Hermida, Manuel Gallardo Canitrot. Os suplentes son: Antonio Pereiras Gil, Ángel Fernández Delgado, Purificación De Salvador González.

Finalmente tomaba a palabra o número un, Lito Prado, quen apelaba “ao sentido crítico que cremos que desta volta vai ter a cidadanía”. Tamén aseguraba que Anova preséntase ás eleccións co fin de “sumar cidadanía para conseguir emprego, para facer unha cidade habitable para todos, para acadar igualdade entre homes e mulleres e para conseguir un goberno decente e transparente”.

Artigos relacionados

Back to top button