O campo de O Bañadoiro, ese no que durante anos desputaban os partidos oficiais, foi testemuño da emotiva reunión entre boa parte dos membros do desaparecido Club Deportivo Vilamartín.
Eran todos os que estaban pero non estaban todos os que eran. “Algúns viven moi lonxe, a outros foinos imposible localizalos e outros non puderon vir” explica Carlos Núñez un dos promotores da xuntanza que tiña lugar na tarde do sábado 2 de maio.
Ao final foron 42 os amigos e compañeiros de fútbol os que se encontraban, intercambiando anécdotas e historias e compartindo unha cea no propio restaurante das piscinas.
Carlos asegura que a reunión estivo ben aínda que botaron de menos aos ausentes esperando que de cara ao vindeiro ano, podan xuntarse moitos máis.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.