DeportesÚltima hora

Apoio valdeorrés á selección española de Mondelo no Eurobasket de Chequia

O selecionador español posando xunto ao seu tío, Pedro García, na República Checa.

Dúas vitorias consecutivas leva o seleccionador español de baloncesto feminino, o valdeorrés Lucas Mondelo, no Eurobasket que se está a desputar dende o apsado 16 de xuño na República Checa. Primeiro o conxunto español impoñíase ante Hungría 48 a 62 e despois lograba un novo trunfo fronte a Ucrania por 76 a 54.

 

Familiares de Lucas Mondelo, coa bandeira do Barco, co nome da familia Careca, coa que acuden aos partidos da selección.

A vindeira cita do equipo español será o 19 de xuño. Medirase coa selección anfitriona, a República Checa. Neste campionato europeo o técnico está contando co apoio, dende a bancada, de parte da súa familia valdeorresa “Os Carecas”, desprazada ata terras checas para a ocasión.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button