O obradoiro será dixirido polo fotógrafo Carlos Temes Caneda
O vindeiro xoves 17 de agosto, de 11h. a 13h., terá lugar en Trives outra nova xornada de fotografía organizada polo servizo de Turismo. Trátase dunha clase práctica guiada sobre como realizar fotografía na natureza, ao aire libre.
Este obradoiro de “Fotografía na Natureza” será dirixido polo fotógrafo Carlos Temes Caneda. Para anotarse a dita clase ou para máis información sobre a mesma pode contactarse coa Oficina de Turismo de A Pobra de Trives (988 33 09 67).