EconomíaEconomíaÚltima hora

Aprendendo a preparar olivas salgadas ou aliñadas

O IES Quiroga vén de acoller un “Seminario-obradoiro de introdución teórico-práctica á preparación e estabilización de conservas vexetais” organizado por AMIAQUIGAL

Unhas 22 persoas asistían ao “Seminario-obradoiro de introdución teórico-práctica á preparación e estabilización de conservas vexetais” que se impartía na tarde do 22 de novembro no IES Quiroga. Tratábase dunha iniciativa promovida por Amigos dos Aceites de Quiroga e Gallaecia (AMIAQUIGAL) na que os participantes se achegaban á elaboración de conservas vexetais desde a Preparación Mai de Aceitunas en Salmoira. A sesión corría a cargo do biólogo José Espinosa.

“Esta actividade orientouse á elaboración de xeito artesanal de aceitunas con base en salazón, e na percura da súa conservación e sanidade, sen risco de que se desenrolen microorganismos que poidan supoñer perigo para a saúde. Foi de especial interese para aqueles que, dispoñendo de unha plantación xoven, a cantidade de aceitunas de que dispoñen é escasa para a obtención de aceite, sen esquencer que o destino de olivas para o consumo directo pode ser unha alternativa mais para o sector”, sinalan dende AMIAQUIGAL.

Como colofón a esta actividade, prevese a degustación dos produtos elaborados para a segunda quincena de decembro, data na que se estima que estará concluído o proceso de salado e estabilización iniciado neste obradoiro. Serán un complemento do “viño español” que AMIAQUIGAL servirá co galo da inauguración da súa oficiña no Centro Ocupacional Municipal de Quiroga, edificio do antigo cárcere.

Fotos cedidas por AMIAQUIGAL.

Artigos relacionados

Back to top button