ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Aprendendo a separar ben para reciclar, no colexio Divina Pastora do Barco

A empresa FCC realizou o baleirado de colectores de lixo no patio do centro educativo

O Concello do Barco continúa coa campaña de reciclaxe elaborada dende o departamento de Medio Ambiente. Desta volta co comezo do baleirado de colectores do lixo nos patios dos centros educativos da vila, para conciencia aos nenos sobre a importancia da separación correcta dos artigos de refugallo nas casas.

A actividade está dirixida a alumnos de Educación Primaria e na mañá do 27 de abril tocoulle aos do colexio plurilingüe Divina Pastora. Os nenos (un máximo de 80) atenderon no patio as explicacións dos técnicos da empresa FCC sobre os artigos que deben ir a cada contedor para contribuír  a unha correcta reciclaxe.

O vindeiro día 4 de maio realizarase a mesma actividade noutros dous colexios: no CEIP Julio Gurriarán de 9:30 a 10:45h. e no CEIP Condesa de Fenosa de 11 a 12:15h.

Fotos: Concello do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button