SanidadeÚltima hora

Aprender a xestionar as emocións dos máis pequenos

A psicóloga Violeta Alcocer impartía no Barco uns obradoiros de crianza organizados por De Nai a Nai

Información e recomendacións. A psicóloga e orientadora psicoeducativa Violeta Alcocer aportaba unha serie de instrumentos moi útiles á hora de xestionar emocións intensas nos máis pequenos. Facíao no decurso dos obradoiros de crianza que impartía ao longo da tarde do 22 de outubro no local da Asociación De a Nai a Nai, no Barco.

Esta acción formativa tiña dúas partes. Na primeira, Alcocer falaba sobre os “Límites: xestionar os conflitos con eficacia”. E despois, tras un breve descanso, continuaba abordando os “Ciumes entre irmáns/ás: ¿como manexalos?”. Os obradoiros reunían a numerosas nais que seguían con atención esta interesante iniciativa, promovida pola Asociación De Nai a Nai.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button