ConcellosÚltima hora

Aprobación definitiva do PXOM de Petín

A sinatura do documento tiña lugar en Ourense na mañá do 31 de xullo
O alcalde de Petín coa conselleira de Medio Ambiente na sinatura do PXOM.
O alcalde de Petín coa conselleira de Medio Ambiente na sinatura do PXOM.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Petín (PXOM) é xa unha realidade. Na mañá do 31 de xullo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaba co alcalde de Petin, Miguel Bautista, en Ourense o documento. Deste xeito Petín conclúe un longo camiño e únese á lista dos concellos galegos que contan cun planeamento adaptado á lei vixente, 77 en total en Galicia. Nos últimos cinco anos, aprobáronse un total de 42, dos cales 27 pertencen á provincia de Ourense e 3 deles á comarca de Valdeorras (Petín, O Barco de Valdeorras e Vilamartín).

O novo plan xeral clasifica como solo rústico protexido “máis do 97% da súa superficie, co que se garante os seus valores físicos e ambientais que en parte tiñan xa o seu reflexo en figuras de protección como LIC do Macizo Central, a contorna do Encoro de San Martiño e 2 áreas de prioritarias de conservación de aves”, segundo a información facilitada dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Aasemade o solo de núcleo rural define un 1,3% da superficie municipal (preto de 400.000 m2), onde se recoñecen os 14 núcleos rurais existentes fóra do núcleo urbano, na súa maior parte de natureza tradicional (un 77%), pero tamén recolle algúns de natureza complexa, e fixa 3 núcleos rurais (Santoalla, O Pacio e Aldea) nos que a súa protección se terá que desenvolver mediante un plan especial, citando de novo a consellería.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button