OurenseÚltima hora

Aproban o proxecto da nave provisional para o traslado dos praceiros

O Concello destina unha partida de 504.200 euros á construción do edificio que acollerá o mercado durante a reforma da Praza de Abastos nº1
Boceto da estrutura provisional, que estará ubicada no paseo central da Alameda.
Boceto da estrutura, que estará ubicada no paseo central da Alameda.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense vén de dar luz verde ao proxecto de construción da nave que acollerá aos comerciantes da Praza de Abastos º1 durante o tempo que duren as obras de reforma do mercado, que, segundo as previsións baralladas, se prolongarán ata os 22 meses.

O boceto contempla a creación dunha estrutura de carácter provisional facilmente desmontable e reversible que se ubicará no paseo cenral da Alameda. Será un pavillón de estrutura lixeira metálica, formado por pórticos de piares metálicos e dintel de celosía con perfís metálicos. A cuberta será curva con augas cara ambos lados da nave, con cubrición de paneis de chapa lacada.

Canto ao interior, haberá postos de venda nos laterais e centro da nave, con dous corredores de servizo para que o público acceda a distintos postos. Na entrada dende a rúa Progreso, nun espzo interior cuberto emprazaranse os postos de flores e na parte oeste os locais de servizos, vestiarios e aseos, entre outras depedencias.

En total, serán 1.402,28 metros cadrados de superficie construída e 1.221,92 de superficie útil, que se ubicarán entre bordos de xardíns sen necesidade de desmontar os parterres actuais.

Redactado polos arquitectos Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez, este proxecto conta cun orzamento de execución material de 504.200,97 euros. Segundo se indica, conta con todos os informes técnicos, xurídicos e de seguridade pertinentes. O prazo para a súa instalación será de seis meses.

As obras de reforma da Praza de Abastos nº1 de Ourense serán financiadas nun 65% polo Ministerio de Fomento, que aportará 3.652,76 euros, co obxectivo de rehabilitar o edificio no marco dun proxecto de recuperación do patrimonio histórico de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button