Na noite do sábado 29 de agosto o prestixioso violinista Ara Malikian actuaba no Auditorio Municipal de Ponferrada. Era unha velada intensa na que conquistaba dende o primeiro momento ao público. Entre eses asistentes estaba o barquense Mauro Docampo Gacio, un xove músico e tamén debuxante.
Durante o concerto tomaba apuntes e despois creaba unha serie de debuxos que lle facía chegar a Malikian, quen agradecía o seu xesto a través das redes sociais.