EconomíaEconomíaÚltima hora

Araceli Fernández, candidata á presidencia de AEVA

Lidera a única lista presentada nas eleccións para a renovación da xunta directiva desta asociación empresarial
Araceli Fernández, candidata á presidencia de AEVA.

Haberá cambio de rostro na dirección da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), ata agora presidida por Javier Rodríguez Paradelo. Esta entidade ten previsto renovar a súa xunta directiva nunha xuntanza que se celebrará a finais de maio. En concreto convocará aos seus asociados a unha dobre cita na tarde do 25 de maio: unha asemblea xeral ordinaria e extraordinaria, no salón de actos da Casa Río Cigüeño do Barco.

O prazo de presentación de candidaturas á xunta directiva remataba ás 20h. do 23 de maio na oficina da asociación no Barco e tan só se presentaba unha lista. Está encabezada por Araceli Fernández, da adega Godeval, que opta deste xeito á presidir AEVA. Como vicepresidentes figuran ademais Santiago Melo, Javier Rodríguez, María Carmen Rodríguez e Carlos Manuel Terán. A lista complétase co secretario e con nove vogais.

Imaxe dunha das últimas asembleas de AEVA./ Foto: Carlos G. Hervella.

A asemblea do vindeiro 25 de maio comezará ás 20:30h. e incluirá a elección do presidente e dos demais membros da xunta directiva. Ademais someterase a votación a memoria de actividades do 2016, a liquidación do orzamento do 2016 e a previsión para o 2017, así como a ratificación das solicitudes de afiliación. A partires das nove e media terá lugar un acto de recoñecemento ás empresas que cumpren vinte anos en AEVA no mesmo salón de actos.

Artigos relacionados

Back to top button