DeportesÚltima hora

Arranca o campus de baloncesto da Rúa

Wayne Brabender coordina o campamento dende hai vintedous anos

Un ano máis e xa van vintedous, A Rúa acolle a finais de xullo o campus de baloncesto coordinado por Wayne Brabender, mítico xogador de balonesto de orixe estadounidense e rues de adopción dende o ano 2011.

Ao longo dunha semana, os participantes no campamento deportivo aprenderán técnica e táctica baloncestística, pero tamén os valores do compañeirismo e do traballo en equipo.

O campus rematará o 27 de xullo e ata entón, os cativos, distribuídos por idades, levarán a cabo as clases e xogarán partidos, no pavillón deportivo do Aguillón e nas instalacións do Pablo VI, albergue xuvenil durante os meses de verán.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button