DeportesÚltima hora

Arranca o XXXVII Torneo de Fútbol Sala “Vila de Manzaneda”

10 equipos participan no campionato que se celebrará dende hoxe ata o domingo na renovada pista do polideportivo
A pista do pavillón polideportivo de Manzaneda, renovada.
A pista do pavillón polideportivo de Manzaneda, renovada.

Hoxe, mércores 5 de agosto, ás 18h. arrancará a XXXVII edición do Torneo de Fútbol Sala “Vila de Manzaneda” organizado pola Asc. Deportiva Sporting Manzaneda en colaboración co Concello de Manzaneda, enmarcado no programa das festas patronais que se celebrarán do 7 ao 9 de agosto.

Tal como adiantan dende o Concello, o campionato contará coa participación de 10 equipos que competirán entre si en fase de grupos e eliminatorias ata a final que se disputará o domingo.

Aproveitando o comezo do evento deportivo, hoxe estrearase a nova pista do pavillón polideportivo que tivo un investimento de 36.000 euros coa aportación da Deputación de Ourense. Dende o grupo de goberno explican que responden así “a unha necesidade existente dende hai anos, ao estar a anterior en moi avanzado estado de deterioro, para poder dar continuidade ás actividades que nel se realizan o longo do ano como é o futsal da liga provincial, ximnasia de mantemento ou as actividades deportivas escolares iniciadas no curso pasado en colaboración co CEIP”.

Artigos relacionados

Back to top button