CulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Arrancan as xornadas educativo-empresariais no IES Lauro Olmo do Barco

O programa desenvolverase entre o luns 22 e o venres 26 de febreiro

Coa presentación por parte da directora, Amparo Quiroga e o alcalde do Barco, Alfredo García, daba comezo a XIV Semana de Xornadas Educativo-Empresariais no Instituto Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

O programa arrancaba na mañá do 22 de febreiro coas charlas do IGAPE e NMC Motorsport e extenderase ata o venres 26 de febreiro cunha charla-coloquio sobre a enerxía e a súa comercialización. E entre medias, diferentes encontros e conferencias específicas dirixidas ao alumnado de cada ciclo.

O martes haberá charlas no departamento de Electromecánica de Vehículos; de Instalacións Eléctricas e Automáticas; de Coidados Auxiliares de Enfermería; de Administración e Finanzas; e Xestión Administrativa. O mércores e xoves tocaralle o turno ao alumnado de Imaxe Persoal e tamén de Coidados Auxiliares de Enfermería e Atención a Persoas en Situación de Dependencia, con visita a un balneario, incluída.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button