EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A artesanía toma o casco vello trivés

Na mañá do 12 de agosto cobraba vida o mercado de artesanía da IX Mostra do Patrimonio Inmaterial de Trives. Multitude de postos esténdense polas rúas do casco antigo desta vila. Percorréndoos poden atoparse diversos produtos gastronómicos da zona como é o caso do mel ou da fariña de castañas, pero tamén obxectos como candeas, prendas tradicionais galegas, bisutería, xogos populares…

O mercado permanecerá aberto ao longo do día 12 e tamén na xornada do 13 de agosto. A Mostra de Patrimonio Inmanterial está organizada pola Asociación A Caniceira.

Fotos cedidas pola A.C. A Caniceira.

Artigos relacionados

Back to top button