CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O artista valdeorrés Magín Blanco estrea un novo espectáculo músico-teatral

“O camiño dos paxaros” presentarase este venres 20 de outubro en Boiro
O músico rues, Magín Blanco.

Magín Blanco está de estrea. Este venres 20 de outubro, o músico rues presentará na Casa da Cultura de Boiro (A Coruña), o seu novo espectáculo músico-teatral.

Dirixido a cativos dende os 5 anos e tamén ás súas familias, “O camino dos paxaros”  é unha historia de superación persoal, contada a través da música e da interpretación, baseada na evolución dun personaxe que debe afrontar a dureza da vida, e loitar para coñecer os seus sentimentos e descubrir cal é o camiño que debe seguir para conseguir a felicidade.

Esta montaxe chega aos escenarios co novo álbume-cd do autor rues, editado por Fol Música.  Acompañando á música de Magín Blanco, sobre o escenario estará Marián Bañobre. Da dirección escénica encargarase Santi Cortegoso, e do deseño de imaxe Leandro Lamas. En Boiro, a obra comezará ás 20h.

 

Cartel do espectáculo “O camiño dos paxaros”.

Artigos relacionados

Back to top button