Galerías de fotosSen categorizar

As cen primaveras de Francisca Escuredo, natural de Aceveda (O Bolo)

Rodeada de familiares e amigos Francisca celebraba o 17 de abril (Xoves Santo) o 100 aniversario

En total foron 54 os convidados ao xantar que tiña lugar no restaurante Bolobriga de O Bolo, organizado polas fillas de Francisca, Lola e Josefina. Había xente do municipio bolés e tamén da Rúa e do Barco.

Tralo xantar houbo agasallos, ramos de flores, cava e a tarta na que a propia Francisca, contenta e animada soplou as velas, mentres unha das convidadas máis novas, Julia Fernández Ramos de 10 anos, lle tocaba o “cumpleaños feliz” ao violín.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos na vindeira edición do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button