ConcellosÚltima hora

Continúan as consecuencias da tala de árbores na Rúa

PSOE e BNG fan pública a comunicación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil de incoar expediente sancionador
Os concelleiros do BNG e PSOE da Rúa, María González e Luis Fernández. Foto/ Mónica G. Bellver.
Os concelleiros do BNG e PSOE da Rúa, María González e Luis Fernández. Foto/ Mónica G. Bellver.

A tala de árbores que tiña lugar no mes de febreiro en diferentes puntos do concello da Rúa, segue dando que falar. Na tarde do 17 de abril os concelleiros do PSOE e BNG, Luis Fernández Gudiña e María González Albert, facían pública a comunicación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil co acordo “de incoar expediente sancionador contra Maderas La Cigarrosa, S.L. e Concello da Rúa” como consecuencia da denuncia interposta pola oposición ruesa.

Tralo pleno extraordinario celebrado o 23 de febreiro, PSOE e BNG presentaban un escrito ante a Confederación “no que lle relatabamos cal fora a situación que se dera no concello e pediamos que se levara a cabo unha investigación de tódolos feitos que narrabamos, e que se derimisen responsabilidades do que nós entendiamos como graves infraccións que se cometeran con esta actuación” explica o socialista Luis Fernández.

Case mes e medio despois, o 16 de abril, “remítesenos unha comunicación da Confederación na que en tres escritos distintos nos informan que se incoan expedientes sancionadores tanto a maderas La Cigarrosa como ao Concello por incumprimentos da resolución dos tres expedientes que deran permiso para esa corta. Entendemos que tal como aparece nos informes, confirman o que nós viñamos denunciando, que se levaran a cabo unhas actuacións totalmente inapropiadas que non correspodían para nada co que se había autorizado” explica Fernández Gudiña, puntualizando que “a autorización estaba para 100-120 árbores e cortáronse máis de 200”.

Artigos relacionados

Back to top button