Especial NadalMonográficos

As liñas de futuro

A Deputación promove o Plan estratéxico “Ourense Provincia Termal” e continuará co programa “Termalismo saudable”
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Facer de Ourense un destino termal competitivo, sostible e de calidade, ordenando e estruturando os seus numerosos recursos. Ese é o reto do Plan Estratéxico Ourense Provincia Termal no que traballan a Deputación de Ourense e a Xunta, a través da Axencia de Turismo de Galicia. Este documento estará listo neste mes de decembro e completarase coa proposta de alianzas e modelos de xestión. Ademais, será presentado a primeiros do 2014 aos posibles operadores e axentes interesados en desenvolver distintas iniciativas.

“Son moitos os recursos de Ourense, dende os máis tanxibles, como mananciais, balnearios, pozas termais ou hoteis balneario, ata os máis intanxibles, relacionados coas múltiples manifestacións da cultura popular. A todo isto hai que engadirlle o crecente número de investigacións terapéuticas, os eventos en torno á auga, as plantas de envasado ou a oferta turística asociada, sen esquecer aos fabricantes, aos xestores e ás innovadoras formas de valorizar os recursos termais”, tal e como informa a Deputación ourensá.

Preténdese organizar e estruturar esta inmensa oferta termal para converter a provincia nun referente turístico neste sector.

Ademais neste ano 2013 a Deputación de Ourense desenvolvía, por vez primeira e con éxito, o programa “Termalismo Saudable”.

Texto: Ángeles Rodríguez
(A información íntegra pode lerse na edición en papel do Especial Nadal de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button