ConcellosÚltima hora

Vespas de Almendralejo toman A Rúa de camiño a Santiago

Membros do Vespa Club Tierra de Barros fai unha parte do Camiño de Inverno a Santiago en moto

A pé, en bicicleta, dacabalo e tamén en moto. Son moitas as formas de facer o Camiño de Santiago e os membros do Vespa Club Tierra de Barros de Almendralejo, localidade irmanada con A Rúa, decidían facelo nas súas propias Vespas.

Así na mañá do 25 de xuño, un grupo de 36 persoas repartidas en 23 motos, saían dende a localidade extremeña rumbo a Santiago de Compostela por unha parte do Camiño de Inverno que atravesa Valdeorras. Por iso, a segunda etapa remataba para os peregrinos na Rúa. Alí pasaron a noite do 26 de xullo, ceando e pernoctando no albergue do Pablo VI. Pero antes, eran recibidos pola corporación municipal nas dependencias municipais.

No acto, no que tanto a alcaldesa, María González como o tenente de alcalde, Luis Fernández lles deron a benvida, tamén houbo intercambio de agasallos por parte do Concello da Rúa, da Asociación de Amigos do Camiño Santiago por Valdeorras e do propio Vespa Club, completando a recepción cunha visita á adega cooperativa Virxe das Viñas.

Dende o club de Vespas de Almendralejo informan que dividiron a viaxe en cinco etapas de oito horas cada unha. A primeira de Almendralejo a Salamanca, a segunda de Salamanca á Rúa, a terceira da Rúa A Santiago, a cuarta xa de regreso de Santiago a Benavente e a quinta de Benavente a Almendralejo (a mais longa), onde esperan chegar o luns 29 de xullo pola tarde.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button