PolíticaÚltima hora

Asembleas abertas do BNG en Valdeorras

Tras a celebrada en Vilamartín en febreiro, tiña lugar outra na Rúa o 11 de xaneiro

 

Participantes na asemblea aberta convocada polo BNG na Rúa.
Participantes na asemblea aberta convocada polo BNG na Rúa.

No marco do proxecto “Construído Futuro”, o BNG está a desenvolver diversas asembleas cidadás abertas na comarca de Valdeorras. En decembro celebrábase unha en Vilamartín e na pasada fin de semana, o 11 de xaneiro, tiña lugar outra na Biblioteca Municipal da Rúa.

 

Outro dos momentos desta asemblea cidadá do BNG na Rúa.
Outro dos momentos desta asemblea cidadá do BNG na Rúa.

“O obxectivo é recoller propostas e suxestións de cara ás eleccións municipais de maio de 2015”, segundo indican dende o BNG.  Nesta asemblea participaba tamén un amplo grupo de emigrantes retornados de Valdeorras para escoitar as explicacións de varios membros da Plataforma de Emigrantes Retornados de Ourense, encabezados pola súa portavoz, Carmen Bolaño, convidada ao acto.

 

Artigos relacionados

Back to top button