ConcellosÚltima hora

Asfaval celebra a asemblea anual no Barco

Unha vintena de socios asistiron á reunión celebrada na tarde do 25 de xuño

Na tarde do 25 de xuño, a Asociación de familiares de persoas con discapacidade intelectual de Valdeorras (Asfaval) celebraba a asemblea anual de socios.

Á cita, que tiña lugar no centro que a asociación ten na urbanización Las Huertas do Barco de Valdeorras, acudían preto dunha vintena de socios entre os que se atopa a xunta directiva presidida por Amelia Blanco Delgado. Ela era a encargada de informar aos asistentes de diferentes temas relacionados co colectivo, como a memoria de actividades levadas a cabo no 2014, as subvencións concedidas, algunhas das propostas feitas dende FADEMGA ou a situación actual da asociación, con 14 usuarios no centro ocupacional, catro no centro de día e cinco na residencia.

Na reunión tamén se informou aos socios do estado das contas e a presidenta asegurou que a única forma de seguir co proxecto, centrado nos usuarios que tanto o necesitan, é con “traballo constante e cabeza” lanzando a mensaxe positiva de que “está todo saneado e sairemos adiante.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button