ConcellosÚltima hora

Asfaval celebrará o 20 aniversario cunha cea

A cita será o 23 de outubro no Paladium (Vilamartín de Valdeorras)
A sede de Asfaval na urbanización Las Huertas, O Barco de Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.
A sede de Asfaval na urbanización Las Huertas, O Barco de Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro 23 de outubro Asfaval celebrará o 20 aniversario. Será cunha cea prevista para as 21:30h. no restaurante Paladium (Vilamartín de Valdeorras) na que colaboran proveedores, Concellos da comarca e zonas limítrofes, establecementos e adegas “aportando produtos para a celebración da mesma” explican dende a entidade que preside Amelia Blanco.

O prezo das entradas é de 20 euros por persoa e están á venda na sede da Asociación, na librería Murciego, en Charo López e Catalana Occidente (Nieves Rodríguez).

O menú constará de entremeses, empanadas, trufados caseiros, cabrito, postre, pan, café e bebidas e os usuarios tanto do centro ocupacional coma do centro de día “teñen preparadas moitas sorpresas para os asistentes, entre elas unha tómbola con agasallos donados por diferentes establecementos da zona”, explican dende a Asociacion de familiares de personas con discapacidade intelectual de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button