DeportesÚltima hora

Asier Molinos e Iván Murillo completan o plantel do C.D. Barco

Os xogadores vasco e extremeño aportan xuventude e velocidade ao equipo vermello
Asier Molinos, Daniel Ramos e Iván Murillo na sede do C.D. Barco en Calabagueiros. /Foto: Mónica G. Bellver.

Despois das incorporacións de Iago Beceiro e Dani Alcalde, o Centro de Deportes Barco completaba o plantel coas últimas fichaxes do ano: o vasco Asier Molinos e o extremeño Iván Murillo. Ámbolos dous debutaron xa co primeiro equipo barquense pero non eran presentados ata esta tarde na sede do club, en Calabagueiros.

“Son dous xogadores con moito futuro e moi novos (son sub 23) e aportarán moito ao equipo, sobre todo xuventude e velocidade que neste momento é o que necesitamos”, en palabras do presidente do club, Daniel Ramos. Para Asier, central provinte da canteira do Bilbao que xogou en equipos como o Racing de Santander, o Barco “ten calidade e hai equipo para pelexar por posicións máis altas na táboa. Hai que ir partido a partido”.

Iván, pola súa banda estivo na canteira do Rayo Vallecano e  asegura que no C.D. Barco “hai xogadores de calidade pero xogamos con moita presión, creo que hai que relaxarse e xogar tranquilos. Penso que con dúas vitorias iremos para arriba. Eu pola miña parte espero xogar o máximo posible e dalo todo para levar ao equipo ao obxectivo que para min son os play off“. A ese respecto, Nilo coincide con el en que fai falta tranquilidade: “nós témola, queda moita liga e con dúas vitorias o equipo virase arriba”, tendo como obxectivo “quedar o máis arriba posible porque non somos conformistas e dende logo se podemos quedar sextos ou quintos mellor que décimos, aínda que os play off non eran o obxectivo inical porque esta terceira é das máis fortes de España”, asegurou durante a presentación.

Artigos relacionados

Back to top button