ConcellosÚltima hora

Asociación de amas de casa do Barco “O Teixadal”

O colectivo comezará coas actividades en outubro, na sede de O Chao
Directiva da asociación de amas de casa  do Barco "O Teixadal".
Directiva da asociación de amas de casa do Barco “O Teixadal”.

Na tarde do xoves 25 de setembro, a directiva da asociación de amas de casa “O Teixadal” do Barco de Valdeorras, convocaba a reunión anual para informar ás asociadas sobre o inicio das actividades que terá lugar no mes de outubro.

As primeiras en comezar serán as clases de bailes de salón impartidas por Manuel e Evelyn. Uns días despois, a segunda quincena de outubro, farano as de punto canario (luns de 16 a 18h. e venres de 16 a 19h.), e as de manualidades, restauración e pintura ao óleo (os mércores de 17 a 19h.). A presidenta do colectivo Charo Gutiérrez, adianta que tamén están intentando conseguir un curso de cestería, aínda que de momento non está confirmado.

As asistentas á reunión puderon comprobar de primeira man a reforma levada a cabo na sede ubicada no Chao, logo de que as chuvias do pasado inverno inundarán a parte baixa, tendo que reagruparse no primeiro andar, e incluso cancelar algunhas das actividades previstas. Tal como explica Charo, o resultado das obras, levadas a cabo pola empresa contratada pola aseguradora, foi moi bo e “temos a sede totalmente reformada” asegura.

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button