SanidadeÚltima hora

A Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica recada fondos cunha andaina

A cita é no Paco Paz o domingo 28 ás 11:00 horas e haberá dous percorridos, un de 14 quilómetros por Seixalbo e outro de 4 polo Barbaña
O prazo de inscrición pechou pero o domingo a xente pode anotarse na andaina. // Foto: Carlos Asensio.

A Asociación de Fibrlomialxia e Fatiga Crónica de Ourense (AFFOU) organiza para este domingo, 28 de maio, unha andaina “para recadar fondos para a asociación”, dixo a presidenta da asociación, Marina Añel, na presentación de hoxe, 25 de maio, no Pazo Provincial. Esta cita organízase con motivo da celebración, o 12 de xuño, do Día da Fribromialxia.

Esta andaina terá dous percorridos, un de 14 quilómetros que sairá do pazo de Deportes “Paco Paz” ata Seixalbo, e outro de 4 quilómetros que arrancará no mesmo punto, transcorrera polo paseo do Barbaña ata o Polvorín e volverá ao Paco Paz. Segundo informou o Traballador Social da Asociación, Leonardo Quintas, o período de inscrición está xa pechado “pero a xente que o desexe pode inscribirse o domingo”. O punto de encontro é o Paco Paz ás 10:00 horas e o custo de inscrición é de 5 euros. “Xa hai 83 inscritos na andaina”, dixo Leonardo Quintas.

Tanto a presidenta de AFFOU, Marina Añel, como a secretaria, María Jesús Justel, sinalaron que un dos principais obxectivos desta Andaina Solidaria de AFFOU é, ademais de recadar fondos, pór visibilidade a esta enfermidade “para aquela xente que non a acepta ou non cre nela”, dixo Añel.

Segundo explicou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, na presentación de hoxe, dende a súa calidade de médico, a fibromialxia e a fatiga son “síndromes de trastornos do tipo crónico” e sinalou que é importante recoñecela porque os que a padecen sofren dores articulares e fatiga continuada. A presidenta quixo concluír a presentación coa seguinte frase: “é moi triste que unha simple caricia nos poida producir dor”.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button