SanidadeÚltima hora

A Asociación de Médicos Galegos homenaxea aos profesionais sanitarios de Quiroga

Más de cen personalidades reuníronse no tradicional xantar de verán de Asomega

Os profesionais sanitarios da comarca lucense de Quiroga (Folgoso de Caurel, Quiroga e Ribas de Sil) foron os protagonistas do recoñecemento que a Asociación de Médicos de Galicia (Asomega) ofreceu en Quiroga. Un acto presidido polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e polo conselleiro de Sanidade da Xunta, Jesús Vázquez Almuiña que tiña tiña lugar na mañá do 4 de agosto no marco do tradicional xantar que Asomega celebra cada verán, e que contou coa asistencia de máis de cen persoas entre profesionais sanitarios e familiares.

Na inauguración, o presidente de Asomega, o trivés Julio Ancochea, agradeceu o labor dos seus antecesores no cargo comprometéndose a “seguir con paixón a súa tarefa”, recalcando os valores humanos “como eixe da actividade do profesional sanitario”. Tamén eloxiou a figura do médico rural como “exemplo da necesaria humanización da medicina”. O presidente do Parlamento pola sua banda, resaltou o importante labor que Asomega vén desempeñando desde os seus inicios “por manter forte e vivo o vínculo do profesional sanitario que traballa fóra de Galicia, coa súa terra natal”.  E xa a clausura, o conselleiro Vázquez Almuiña agradeceu a Asomega “a celebración deste recoñecemento”, resaltando que “son os profesionais sanitarios como os homenaxeados en Quiroga, os que están facendo posible unha das liñas estratéxicas da Conselleria: a coordinación da atención primaria e a especializada, especialmente intensa e importante no ámbito rural”.

O momento máis entrañable do acto era a intervención de Inmaculada Ramos, vicepresidenta de Asomega, que rendía tributo aos profesionais sanitarios da comarca que exerceron durante a súa infancia, entre os anos 1971 e 1981, destacando “a importancia do seu labor para manter o benestar e a saúde dos veciños de Quiroga”.

Junto ao alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, asistiron ao recoñecemento personalidades relevantes do sector sanitario como Miguel Carrero, presidente de Previsión Sanitaria Nacional; os presidentes dos colexios de Médicos de Lugo e A Coruña, Manuel Boquete e Luciano Vidán, respectivamente, deputados do Parlamento de Galicia como Julia Rodríguez, senadores nacionais como Dámaso López e Carmen Leyte e o expresidente da Organización Médica Colegial, Juan José Rodríguez Sendín.

O acto, celebrado no Auditorio de Quiroga, remataba coa entrega de diplomas a familiares de desaparecidos e a homenaxeados presentes e coa tradicional foto de familia. O xantar tiña lugar no Restaurante Day Dos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button