OurenseÚltima hora

A asociación de venezolanos “Alma llanera” celebra a II Feira da Hallaca en Ourense

A asociación Ourensá Venezolana “Alma Llanera” organizou hoxe, 10 de decembro, a súa segunda Feira da Hallaca. Unha comida fraternal entre os venezolanos que viven en distintos puntos de Galicia e que se xuntaron en Ourense, na sede da Asociación Queixumes dos Pinos, para poder gozar dos manxares do seu país. Un evento ao que acudiu o secretario xeral da Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez, que tamén degustou o menú.

O vicepresidente de Alma Llanera, José Reza, contou que serviron aproximadamente entre 100 e 150 racións de hallacas con pan de xamón e sobremesas . Asemade, tamén tiñan bebidas típicas venezolanas como a “kolita” ou o refresco de malta, “algo que parece cervexa que beben os nenos pero non ten alcol”, dixo o vicepresidente. Todo isto sumado a un sorteo dunha cesta de Nadal.

O acto estivo amenizado por músicas e danza tradicionais venezolanas.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button