ConcellosÚltima hora

A asociación O Mosteiro prepara o tradicional magosto en Vilanova (O Barco)

A cita será este sábado 29 de outubro na praza do pobo, a partires das oito da tarde
Preparando o lume para asar as castañas no magosto de Vilanova o ano pasado. /Foto cedida.
Asando as castañas no magosto de Vilanova o ano pasado. /Foto cedida.

Un ano máis, a asociación cultural O Mosteiro prepárase para celebrar o magosto popular en Vilanova (O Barco), este sábado 29 de outubro.

A festa lúdico-gastronómica terá lugar na praza do pobo valdeorrés a partires das oito da tarde. Ademais das castañas asadas, os asistentens poderán degustar chourizos asados ou cocidos, viño, bica e queimada. Tamén haberá baile amenizado polo dúo musical Dina.

 

Artigos relacionados

Back to top button